MOLINOS EN MONTE ALOIA

Cancelada a xornada en defensa do Galiñeiro
Centos de escaladores de toda a Península ían participar este sábado nunha xornada lúdica en defensa deste espazo singular en perigo por un novo parque eólico.

Por Galicia Confidencial Vigo 05/05/2011
http://galiciaconfidencial.com/nova/7755.html


Tras a masiva manifestación hai unhas semana, este sábado 7 de maio, centos de persoas ían acudir á Serra do Galiñeiro para volver a protestar contra a instalacións de muíños de vento nesta zona protexida. Clubs de escalada de toda Galicia, resto do Estado e Portugal, convocados pola Federación Galega de Escalada, celebraban este ano na Serra do Galiñeiro o seu encontro anual.Finalmente, a organización tivo que suspender o programa deportivo e o resto de actividades. A previsión meteorolóxica non permite a celebración da competición.Dende a organización aseguraban que "con este iniciativa pomos de manifesto que os deportistas da montaña defenden a Serra do Galiñeiro, que para algún deles é o lugar do seu nacemento deportivo. Ante as agresións que ameazan o noso monte, estes deportistas demostran a súa intención de preservar este esgrevio lugar para uso, disfrute e beneficio de todos, en oposición aos intereses especulativos que sobrevoan a serra".
Os ecoloxistas din que a iniciativa levada a cabo no ano 2008 de facer que o Galiñeiro ampliase o espazo natural protexido que representa o Monte Aloia, ten cada día máis argumentos. "Os 500.000 veciños que vivimos baixo o ollar desta Serra temos moito que perder con proxectos como o de Terra do Vento S.L.e o seu polígono eólico, e con outras actividades que supoñen diñeiro para moi poucos e destrución do territorio para moitos e para sempre. En contraposición hai iniciativas de explotación sustentable do monte que están a desenvolver comunidades de montes de distintas parroquías desta serra e que non se están a respectar na súa debida dimensión", argumenta o colectivo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario